Friday 10 de May de 2024

O GES de Brión asiste nun accidente entre un turismo e unha retroexcavadora no lugar de Vilaserio (Negreira) que se salda cun ferido


O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión acudiu ás 20:55 hora de hoxe a unha chamada de alerta por un accidente de tráfico no lugar de Vilaserio, no veciño concello de Negreira. O sinistro tivo lugar por unha colisión entre un turismo e unha retroexcavadora, que se saldou cunha persoa ferida que tivo que ser trasladada en ambulancia ata o CHUS. Os técnicos do GES Brionés sinalizaron a zona e limparon a vía do aceite do turismo, unhas tarefas nas que coa colaboración de Protección Civil de Negreira e da Garda Civil de Tráfico.